LA PINOS. Conífera ou frondosa?
Xa van sendo horas de lanzarse a escribir, así que vou
estrenarme no blog describindo outro estreno: a que podo chamar en maiúsculas A
MIÑA PRIMEIRA VÍA DE VARIOS LONGOS ¡!!!!¡¡!!¡¡¡!!!! Yujuuuuuuuu!!!
E así foi, esta pasada fin de semana completei a miña
primeira escalada de varios longos, un deles de primeira, e aínda me
requetelatexa o corazón ao recordalo! O lugar non podía se outro que Faro de
Budiño, convertido xa na miña escola particular.
Pero tal hazaña non saiu de min, senón de Dani, o creador
deste blog, valente e paciente escalador, que escolleu esta coñecida vía para o
meu estreno, que creo é un clásico para a xente principiante. J
Tedes que perdoarme pero unha non ten tanta soltura
describindo unha ascensión, a falta de vocabulario técnico e de coñecementos en
escalada farán desta descripción un estilo Ruti “feito na casa”, iso sí,
cargadiña de ilusión!
Mediodía do sábado 30 de novembro de 2013, situámonos a pé
de vía, estamos a punto de trepar a “Pinos”, vía de 4 longos, localizada no
sector que leva o seu mesmo nome “La Pinos”. Daniel está tranquilo, ten todo
controlado, eu estou tranquila tamén, porque Daniel está tranquilo, jaja.
Empezamos ben cando Dani me di que o L1 é un 6a! Algo que se sae do meu grado,
pero que carai, hai que intentalo polo menos, sempre hai tempo de volverse
atrás, ademáis Dani me informa de que os longos restantes son “faciliños”: L2
IV+, L3 V+ e L4 IV+, iso me volve “tranquilizar”.
Dani arranca, estou atenta aos seus pasos, pérdoo de vista
cando chega á primeira reunión, é o meu turno, arranco tarareando a canción
“I´m feeling good tana nana nanana”, vou feliz ata que chego ao “pasiño” do
longo: unha fermosa “laja” cun fermoso burato, apertura perfecta para un corpo
humano :S.
Despois do "pasito" en plena placa antes de entrar na fenda.
Alí estou de pé diante da “plaquita” (na que non vexo os famosos
pitóns de Budiño ¡¡¡!!!) que remata nun invertido ao que teño que chegar pero,
“horreur!”non chego!!!! Recordo o que Dani me repetíu varias veces, que lle
costara ese paso moito a primeira vez e que se eu non era capaz, non pasaba
nada, que me agarrara a chapa e tirara “parriba”. Pero esta menda, antes muerta
que sencilla, négase a agarrase a chapa, así que alí me tirei ao redor dunha
hora de reloxo de Daniel, intentando sacar o paso sen agarrarme á chapa, entre
coníiiiiiiifera e frondosa. Ao final, saqueino, e coa noción do tempo
totalmente perdida cheguei á reunión onde agardaba o coitado de Dani, con toda
a paciencia do mundo (por suposto non se me ocurrirá facer isto noutro sitio,
había confianza e estabamos na casa, pa outra haberá que agarrarse a chapa e
seguir, non se debe perder tempo de ouro!).
Disfrutando da fermosa fenda da "Pinos"
Bueno, parece que o peor xa pasou e o resto será un lindo
paseo cara as nubes J.
Dani pregúntame se quero facer o L2 de primeira, pero non o vexo claro, así que
arranca el outra vez en cabeza. É un bonito IV+, con fermosa fenda e bos pés
(segundo o meu criterio de novata), arranquei de segunda disfrutándoa moito!
Chego feliz á reunión, Dani pregúntame se vou de primeira no L3, e como estou
feliz, pois eah! Imos!
L3, marabillosa fenda chea de vida: terra, raíces, toxos e
un fermoso tronco-pino-conífera ao que abrazo e pido permiso para poder
continuar pola fenda, chea de sensacións correndo polo corpo, sigo a miña
intuición (e as chapas xD) ata a reunión. Berro: “reunión!!!”, penso que quedou
ben feita, salvo un pequeno detalle do que se da conta Dani cando chega,… isto
contarémolo nas nosas memorias dentro duns anos, o importante é que ESTAMOS
VIVOS!
Último longo, L4, todo un parque de atraccións, aquí hai que
dar un pequeno salto para comezar a estupenda cheminea en X coa que remata a
vía. Dani destrepa coma un campeón, e chega coma Spiderman á reunión. Arranco
de segunda, intento destrepar igual que Dani, pero é algo que supera a miña
capacidade, así que como tampouco me atrevo a saltar, cometo o que para min é
un despropósito: agárrome á cinta para baixar ata o comezo da cheminea
(¡¡¡¡¡!!!!!!).
Carai como tira de pernas a cheminea! Iso sí, moooooi
divertida e como di Dani “disfrutona”.
E aquí remata a aventura, berrando uns cantos
“YUJUUUUUUUU!!!!” a pleno pulmón dende o cumio de Budiño. Un tesouro!
Crer nunha mesma é vital para conseguir o imposible. “Querer
é poder” e teño a sorte de poder rodearme de persoas que axudan non só a manter
a miña ilusión, senón que fan que crezca máis e máis cada día, xunto a un
sorriso que xa non me cabe na cara do grande que é!!!
Daniel, grazas por facilitarme o camiño, por confiar en min
e ensinarme con tanta paciencia e ganas!
Patxi, grazas por poñer palabras as emocións que se descobren
coa escalada, axúdanme a entender este torbellino que levo dentro!
Lalo e Rubén, tan importantes na miña apredizaxe, que
grandes mestres teño, grazas por tantas clases!
David, compartir contigo a paixón pola vida é o mellor
regalo. Grazas por recordarme cada día todas esas cousas que de verdade
importan.
Na vida imos bebendo de diferentes fontes, sucede que ás
veces esas fontes son persoas, que tomamos como puntos de referencia ou
exemplos a seguir por diferentes razóns. Unha das razóns soe ser que nos identificamos
ou nos vemos reflexadas nesas persoas, na súa forma de pensar, nos seus
valores, na súa forma de vivir... . Eu admiro a esas persoas que teñen alma de
“líder” pero renuncian a selo, aquelas que teñen tanto que transmitir e
ensinar, pero que non o impoñen, senón que consiguen facelo sen alardes,
simplemente sendo elas mesmas. Jose Juán é para min unha desas persoas. A el sí
que teño que darlle as grazas por poñerlle ás a toda esta ilusión por trepar,
tal e como eu o sinto, dun xeito misterioso que aínda non comprendo ben, pero
que me enche por completo.
Despídese ata a próxima,
Ruth,
unha adicta ao radón. (Sen trampa nin cartón, sen guantes nin magnesio! jaja).
“Cando escalas de
primeira, a vida queda reducida a pura simpleza. Nese estado concentrado, liberado
tanto de distraccións internas como externas, redescubres a túa capacidade
innata para vivir o momento presente. Ao ofrecerte á parede de rocha que tes
por riba da túa cabeza, navegas por misteriosas sendas pétreas, ao tempo que
vas trasladando a túa concentración entre as habilidades motrices e o
intelecto. As emocións xorden e disólvense ao ir entrando e saíndo da túa
consciencia. A rabia, o medo, a seguridade, o alivio… todas esas sensacións
esváense no pasado coa mesma rapidez coa que emerxen.
…
Escalar de primeira
apórtache independencia e liberdade.” Heidi Pesterfield