miércoles, 15 de enero de 2014

Gatos Voladores ou "Non Caibo en Min de Gozo no Torozo"


Efectivamente, repetimos relato de expedición no blog. De novo o Torozo foi conquistado, desta vez por un grupo algo diferente e con novos obxectivos.

Foi no mes de decembro, concretamente os días 6, 7 e 8, que aproveitamos unha famosa festividade para lanzarnos á, hoxe mundialmente coñecida, “aventura dos tres magníficos”.

Arrancamos o xoves 5 pola mañá, Jose, Rubén e eu (Ruth), e chegamos a Villarejo del Valle (Ávila) xusto a tempo para montar a tenda cos últimos aleteos de luz solar. Debo dicir que esta foi a miña primeira saída trepadora fóra da nosa terra e que estaba tremendamente emocionada coa idea de arrastrarme por loooongas e descoñecidas paredes :D.

Antes de meternos nos sacos (1.500 gr. de plumaxe!!), facemos incursión no bar para discutir o obxectivo do día seguinte: “Espolón Quercus” (logo veremos que non resultou tal, jaja)



                                                          Día 1:  Cara Sureste do Torozo.

DÍA 1

VIA: “ESPOLÓN QUERCUS + VÍA DEL VIEJO” 
DIFICULTADE: 6b  
CORDADA: RUTH - RUBEN - JOSE JUAN 
LONGITUD: 250m aprox. 


Chegamos a pé de vía tras, aproximadamente, unha hora de camiñata en modo “Kilian Jornet”.

Como vedes, hai unha mistura de dúas vías, isto é o que agora se coñece no Torozo como "La Combinación del Gallego Cabrón" (con perdón da expresión) ou tamén "Gatos Voladores ¡¡¡!!!!!¡¡¡¡¡ ". Xa vedes que a conquista galega está dando os seus froitos! jaja. 

Arranquei no L1 (Vº) de primeira, pero resultou de grado superior (non sei se pola miña altura ou porque aínda estou moi peixe!), "dous pasiños de bulder" en palabras de Jose, que tiven que resolver cun elegante escaqueo pola dereita :).



                                                                 Aaaiii que non chego!




           Emocionante primeiro longo que precedeu uns días de escalada fantásticos con Rubén e Jose.


*Nota: a pesar do escaqueo neste longo, fiquei suuuper feliz porque montei a miña primeira reunión sen risco para a vida de ninguén! :D




Seguimos avanzando cara o ceo. O L2 foi a cargo de Rubén, un Vº/6a que superou sen problema. 
Jose sae de primeiro no L3, enlaza co seguinte longo curto saltándose a reunión, e monta a R na terraza, así da gusto!  

                                                                    Jose, no L3


 E aquí está unha das anécdotas do día: dispóñome a saír de segunda no L3, estou descalza, así que "desanclo" os gatos do arnés e... HORREUR!! o gato do pé esquerdo escúrrese polo mosquetón aberto e cae sobre o piso inclinado!!!! Comeza a rodar cara o abismo ante a cara atónita de Rubén e a miña. Mirámonos e deunos un ataque de risa nerviosa mentres eu dicía "Jose mátame". Que fixemos? Pois calceime o gato dereito e arranquei cara o ceo cun pé descalzo, jaja. Cando cheguei á reunión, Jose miroume, preguntou onde estaba o gato, díxenlle que caera, agardamos por Rubén e, sen dicir máis, desanclouse e baixou pola canal en busca do meu gato (en modo Kilian Jornet outra vez, sí!).


                                                        Jose regresando pola canal tras o rescate do meu five ten. 


Hai que nomear aquí a Alex, un bo amigo de Jose, veciño destas terras torocianas, que viña facendo a mesma vía detrás nosa, xunto con Raquel e a "chica checa" Katerina. Grazas ao ceo azul non lles caeu o gato na cabeza, e grazas tamén á súa afinada vista puideron localizalo a pé de vía.

A seguinte "anécdota" é que no L4 nos cambiamos por error á Vía del Viejo, de grado máis peleón, que disfrutamos moitísimo, eu sudei a gota gorda, pero a sensación de arrastrarme ata o límite das miñas forzas éncheme de vida! Non vos pasa o mesmo? ;)


                                               Buscando o comezo do L4 polo que continúa a vía


Rubén sae de primeiro no L4, despois do tempo de ouro perdido co rescate do gato. Hai que tomarse estes incidentes coma unha aprendizaxe e o importante é que estabamos nun sitio onde puidemos recuperalo e continuar escalando a vía.


                                                                   Rubén no L4 (Vº/6a)



                                                                                              O gato voador


 Vou parafrasear aos meus compañeiros para describir o resto da vía. O L4, corto pero peléon, que nos preparou para o emocionante resto de vía que nos agardaba. O L5, unha "laja" estética e un fermoso muro fisurado (como nos gustou!), o mellor longo da vía, disque!


                                                                        Jose no L5 (6b)


Jose continúa abrindo paso no L6 (6a+), que está sucio e ten unha saída moi técnica do diedro (dou fe!!!). Jose decide parar antes de tempo e monta a R unha vez tumba a placa. Aquí os meus compis déronme a oportunidade de rematar de primeira a vía. Fun polo aire fun polo vento!!!  :D. Miña nai como a gocei inventándome a saída!!!!!!!!




                                                           Velaí veñen os meus compis!










Os dous días seguintes transcurriron cheos de enerxía da boa e moitos sorrisos, a min aínda me duran!!!

Día 2
VIA: “LA NIÑA” CARA SUROESTE 
DIFICULTAD: 6c/+  
CORDADA: RUTH - RUBEN – JOSE JUAN 
LONGITUD: 320m aprox. 

O sábado estivemos na cara suroeste, á sombriña, pasando un pouco de fresquete, pero así saboréase mellor o caldiño do bar, jeje. A vía foi "La Niña", un 6c/+ que sacou o titán que Jose leva dentro, triunfo a vista (ou "onsight"!)!!!


                                                           Día 2: Cara Suroeste do Torozo


No L1 de "La Niña", de primeira, aprendendo a colocar cacharros, ás veces se me olvida poñelos... xD



                                        Coitados, Ruti aínda é un pouco lenta recollendo corda...



Rubén a tope de primeiro no L5, deixounos abraiados!


Jose na cola do L5




Jose no paso de 6c/+:  fisura fina en bavaresa e saída técnica sobre adherencias. A BOMBA!!!




Cumio!!!!


Non se estaba nada mal... Aproveitamos para  facer algunha cousiña máis. Na foto Rubén e Jose na "Garrapata Free" (Vº+. 120m.). Onde me deixaron ao libre albedrío montando a miña primeira reunión con friends!!!!! Como dixo Jose: "daquela maneira..." :D


Día 3

VIA: “ASPITOS- LA VERDE – APTA PARA TODOS LOS PÚBLICOS” 
DIFICULTAD: Vº/+  
CORDADA: RUTH – JOSE JUAN 
LONGITUD: 120m aprox.


Coa ansia de aproveitar ao máximo esta saída, Jose propón outro madrugón o domingo antes de marchar para casa e facer unha vía "curta". Rubén atópase indisposto e decide ficar polos arredores dando un paseo e descubrindo algún que outro penedo (e un café no bar que o vín eu!!! :p). 

Así que antes da saída do sol, Jose e eu xa estabamos camiño do "pedrusco" torociano. Na Albujea, con dificultades para orientarnos na parede (eu nin idea, vamos), parece que fixemos o L1 da vía "Aspitos"(6a+) que nos leva ao primeiro longo de "La Verde". Teño que dicir que a placa da Verde antes de chegar á reunión fíxome berrar cunha emoción incontenible uns cantos "Yuuujjjjjuuuu UUUUUooooooOOOOOHHHHH oooUUUUUOOOOOOooohhhh" que lle taladraron o cerebro a Jose jaja. Foi CHACHIPIRULI! E así seguimos para arriba mentres eu non cabía en min de gozo :D. 


         Tras outra aproximación en modo Kilian Jornet, Jose disponse a preparar o material a pé de vía   


O seguinte mellor desta vía foi o L3, un marabilloso longo de fisura a equipar con cacharros que nos volveu encher de gozo para saír a unha placa tumbada disfrutonísima de 55 m que subimos a ritmo de "The Lumineers": HO HEY!!!!  

(Para escoitar o tema principal da B.S.O. do na nosa viaxe, pincha aquí: "Ho Hey". The Lumineers)   :D

                                                        Jose, alá, gozando de fisura!


                   Na R, antes de saír á placa que me deixou flipada. Estabamos felices eh!! :D


                                            Recordando os pitóns de Budiño!!


Aquí xa estaba berrando: UUuuuOOooohhh oh oh ohhh ooooOOOOO


                                            Chegando á fisura, casa!



Que máis vou dicir... 3 días inolvidables onde aprendín tantísimo que non me chega unha libreta para anotalo todo!! Pero o mellor de todo é a sensación de aventura, de exprimir a vida e sentila ata a médula. Non vexo a hora de voltar á rocha!


                                 Efectivamente, a cara é o espello da alma :)